ETNOGRAFÍA DUNHA HOMENAXE
Martin Ramas Muíño
Traballo Final de Estudo para o Grado de Deseño Gráfico na EASD Ramón Falcón de Lugo
Tomando como base este recordo, desenvolveuse un eixo conceptual estruturado en tres niveis metafóricos: primeiro partindo do universal, co círculo, despois acotouse até chegar á vida como ciclo e, finalmente, a propia moa.
Dende
a infancia con meus avós
ata velos xa moi maiores
«Uns cara arriba e
outros cara abaixo»
Vocabulario
Perdido
Cadixo
s. m. Termo de carácter afectivo, familiar ou coloquial empregado para referirse ao can.
Miña avoa Maruja
Arruar
v. tr. Rozar, cortar ou limpar a herba brava, as herbas daniñas ou a maleza que invade e molesta nas marxes dun camiño, nunha estrada ou nos lindes dunha leira.
Miña avoa Maruja
Inllare
s. m. Cavidade ou oco cadrado incrustado directamente no muro de pedra da cociña tradicional, situado xeralmente preto da lareira, que se utilizaba para almacenar e manter seca a leña antes de ser queimada.
Miña avoa Maruja